Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Campito golea ao Arealonga

RR_Noticias

7-0 foi o resultado do derbi local disputado esta fin de semana en Chapela. Contundente vitoria do Campito ante un Arealonga que nada puido facer para acurtar distancias. Mal resultado para o Redondela que visitaba o campo do segundo clasificado, o Cereixa Gondomar e que perdía o encontro por 6-3.

Derbi local o disputado esta fin de semana no pavillón de Chapela e que foi ademais retransmitido en directo pola Federación Galega de Fútbol sala. O actual concelleiro de deportes e un dos promotores deste deporte na vila, Julio Mougán era o encargado de comentar o encontro que deixou ben claro o bo momento que está a vivir o Campito e as dificultades que atravesa o Arealonga. 7-0 a favor dos primeiros que permite ao Campito soñar cos primeiros postos da táboa cando actualmente son xa cuartos da categoría. Na vindeira semana xogan fóra da casa e fano cun rival a priori inferior, o decimo terceiros do grupo, o TuiFutsal.
Amarga derrota para o Arealonga afundido nos postos baixos da táboa e que na vindeira semana teñen novamente un partido complicado, reciben aos terceiros, os xogadores da Quinta de Tui.
Tamén o Redondela perdía na súa visita ao campo do Cereixa pro 6-3. Sitúanse agora no oitavo posto da autonómica sur e na vindeira fin de semana xogan no pavillón da Marisma contra un rival directo, o Sporting Manzaneda. Será o sábado 18 ás 16:15 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará