Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alertan do perigo de derrube do muro da estación de Chapela

RR_Noticias

A Asociación de Veciños, que hai cinco meses xa denunciou en dependencias municipais a situación de perigosidade que presenta este muro, explican que a grande altura do mesmo e o feito de que presente vairas pedras rotas e soltas pode provocar danos irreparables ás persoas que se desprazan pola beirarrúa da Avenida de Vigo, unha das estradas máis transitadas da parroquia. Por este motivo, esixen o arranxo inmediato e urxente do muro.
 

No escrito presentado no concello, a Asociación explica que “o muro da estación está deteriorado, en situación de grave perigo, as pedras do remate superior están rotas e soltas e varias xa caeron a rúa”.
Malia o perigo que ao seu entender supón esta situación para os viandantes que empregan a beirarrúa da Avenida de Vigo, “pasados cinco meses non se tomaron ningún tipo de medidas para a seguridade das persoas, como por exemplo acordoar a zona mentres non se arranxa a situación”. Unha situación que se agravou nos últimos tempo pola falta de xestións, arranxo e mantemento por parte dos responsables.
Po todo isto reclaman ao concello que proceda “de forma urxente ao arranxo integral do referido muro para garantir a seguridade dos veciños”.
Reclaman tamén que se proceda a limpar e adecentar a zona “xa que a edificación da antiga estación e arredores ofrecen un estado lamentable de abandono con depósito de lixo, pintadas e sucidade”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará