Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O 24 de Abril e o 15 de Xuño festivos locais no 2017

RR_Noticias

Un ano máis non houbo unanimidade na elección dos dous festivos locais para o vindeiro ano, xa que tanto AER como BNG e a edil do Grupo de traballo apoiaron unha proposta alternativa que defendía como festivo local o Martes de Entroido na vez do Luns do Cristo. Con todo o acordo entre PP e PSOE neste asunto fixo posible que saíra adiante a proposta do goberno municipal que mantén como festivos o Luns do Cristo, que se celebra o 24 de abril e o Xoves da Coca, que no 2017 cae no 15 de xuño.

Os argumentos volvían ser os mesmos que anos anteriores polo que os partidos parecían dispostos a non entrar a debater un asunto que xa pasara por comisión. Con todo, a intervención da popular Carmen Amoedo acusando aos socialistas de “incoherentes” por apoiar unha festividade de carácter relixioso como o Luns do Cristo ao tempo que votan a favor dunha moción de AER “que quere prohibir que vaiamos ás procesións” acendía o debate e provocaba a intervención do restos dos grupos. Os primeiros en reaccionar eran os nacionalistas cuxo voceiro, Xoán Carlos González criticaba ao PP “por intentar manipular e usar politicamente os sentimentos relixiosos” e volvían defender a necesidade de separar as manifestacións relixiosas de cada quen “que nos respectamos” da representación política nas procesións. Reaccionaban tamén dende AER, Jorge Varela Chopi acusando aos populares de “manipuladores por dicir que nós prohibimos que vaian ás procesións, cando é totalmente falso, só estamos en contra de que o fagan en nome do Concello”. Finalmente o socialista Eduardo Reguera reiteraba que o seu apoio ao Luns do Cristo como festividade local responde a que practicamente “o martes de Entroido xa é medio festivo en Redondela e manter un luns non laboral favorece aos veciños que poden así gozar dunha ponte” . Concluía a súa intervención acusando ao PP de “antidemócratas” por non acatar o acordo plenario que establecía que os políticos deixarían de ir ás procesións en representación do Concello.  

Carmen Amoedo PP
Critica o posicionamento do PSOE
Xoán Carlos González BNG
Asegura que os populares manipulan politicamente os sentimentos relixiosos da xente
Jorge Varela Chopi AER
Lembra o contido da moción presentada polo seu grupo
Eduardo Reguera PSOE
Os socialistas acusan ao PP de antidemocráticos por non acatar o mandato do pleno

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará