Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente desprazará a area da zona de baño cara arriba para mellorar a praia de Rande

RR_Noticias

Entenden os técnicos que esta medida é a máis efectiva para mellorar e recuperar o areal da praia de Rande que se viu gravemente afectada polos fortes temporais sufridos no inverno. Explica o edil responsable deste departamento Miguel Ángel Álvarez Ballesteros que ditos temporais provocaron que “a area aportada hai dous veráns a esta zona do litoral se desprazara para a zona intermareal”. Solicitan aos propietarios de embarcacións amarradas que as retiren para facilitar os traballos.

“Despois dos estudios previos e tras a obtención dos pertinentes permisos de costas chegouse a conclusión de que o máis efectivo e práctico para devolver á súa situación máis óptima esta praia pasa por redistribuír a area ás zonas máis altas” apuntan dende Medio Ambiente.
Por este motivo, dende a Concellería lembran aos propietarios das embarcacións de recreo que se atopan alí amarradas, que as retiren coa finalidade de facilitar os traballos.
Con esta actuación espérase mellorar considerablemente o areal desta Praia para o disfrute dos usuarios desa zona.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará