Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música de Costa de Marfil na Praza da Casa da Torre co Coro de Saint Luc de Banabakintú

RR_Noticias

A programación cultural de verán achega á praza da Casa da Torre a música de Costa de Marfil, da man do Coro de Saint Luc de Banabakintú. O concerto é este xoves 14 de xullo, ás 21.00 h, con entrada libre. O obxectivo principal desta actividade é o intercambio cultural e a creación de puntos de encontro que favorezan a unión e a colaboración entre os pobos.

O espectáculo do grupo marfilés está promovido pola Asociación de Cooperación con África Égueire, que organizou en Santiago de Compostela a VIII Festa Africana e que conta tamén coa colaboración do Concello de Redondela e doutros concellos galegos na xira desta agrupación polo territorio galego. Esta asociación, a través das súas iniciativas, favorece o desenvolvemento de proxectos en Costa de Marfil para axudar a mellorar as condicións do pobo deste país, do que procede a coral Saint Luc de Banabakintú.
Esta coral procede da cidade de Abidjan, e creouse en 1974. Habitualmente canta nunha parroquia dun barrio popular da capital marfilesa, Adjamé, onde viven unhas 220 familias, e nos últimos anos recibiu numerosos recoñecementos no seu país de orixe. Ademais das voces, a agrupación inclúe tamén a execución de instrumentos tradicionais da súa cultura.
Aproveitando a participación deste grupo na VIII Festa Africana, a oenegué Égueire está a programar concertos da coral en diferentes concellos galegos, coa finalidade de difundir a actividade da asociación, para dar a coñecer a realidade cultural e social de Costa de Marfil,e tamén para recadar fondos a prol do desenvolvemento dos seus proxectos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará