Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Viva el furgol, unha reflexión sobre o mercantilismo no mundo do fútbol

RR_Noticias

“O fútbol deixa de ser deporte para ser negocio” esa é a idea que o redondelán Hugo Pazos quere transmitir a través da exposición Viva el furgol que estes días se pode visitar no Multiúsos da Xunqueira. Unha mostra presentada coma un mural na que nunha única parede amoréanse numerosas imaxes que convidan á reflexión en torno a industria do fútbol.

Formado en Deseño gráfico e belas artes, Hugo Pazos emprega a imaxe cunha mirada crítica e persoal para amosar temas de actualidade. Neste caso presenta no Multiúsos unha serie en torno ao fútbol na que reflexiona sobre a industria e o negocio que xira ao redor deste deporte. “Cada tempada aumentan as cifras dos traspasos, a liga pasa a chamarse BBVA, os clubs de fútbol son empresas, a maioría endebedadas, as televisión teñen demasiado poder e Messi no paga a facenda…”. Una reflexión en palabras que Pazos traslada á súa obra cun conxunto de imaxes e debuxos a través das cales incide nesa íntima relación entre os cartos, os negocios, o deporte e tamén os medios de comunicación que “exercen unha grande influencia, enchendo cada vez máis espazo: o Marca é o xornal máis lidos, os xornalistas comparten faladoiros do corazón e o fútbol acapara máis tempo nos informativos que calquera outra nova de actualidade”. O Concelleiro de Cultura, Javier Alonso resumía tamén o espírito e o contido desta exposición que se pode visitar dende onte 11 de xullo e ata o vindeiro 1 de setembro na sala II do Multiúsos da Xunqueira.  

Hugo Pazos Viva el furgol
Fálanos da exposición
Fútbol e medios
O futbol é o deporte rei tamén nos medios de comunicación
Un collage de imaxes
Unha presentación diferente
Xabier Alonso concelleiro de Cultura
Unha mostra para reflexionar
Javier Bas alcalde
Anima aos veciños a achegarse

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará