Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR Rodavigo, a forza da ilusión

RR_Noticias

Estreáronse este ano na División de Honra Prata, un soño para un club que aspiraba a vivir esta temporada “como unha aventura”. Pero os resultados do equipo que adestra Elisardo González “Chini” superaron todas as expectativas. A tres xornadas do final de liga xa teñen asegurada a permanencia, e aspirar a rematar na sétima praza do grupo.

O club redondelán está a vivir “con moita ilusión” este logro, xa que se trata dun equipo modesto, que tivo que organizar o seu salto á categoría con pouca marxe de tempo. A falta de medios súplena “con moito traballo e ilusión”, como sinala o seu técnico. E agora que a salvación está xa asegurada, aspiran a algo máis, malia que nas últimas xornadas tiveron algún tropezo inesperado. Agora, despois dun longo descanso en Semana Santa, regresan con forza á competición co obxectivo de sumar catro dos seis puntos que quedan en xogo para poder escalar unha posición e rematar na sétima posición. Os tres rivais neste final de liga serán Mavi Nuevas Tecnologías en Asturias, o Seis do Nadal en Redondela, e rematarán a liga co derbi en Chapela ante o Rodosa. A primeira das citas será na pista do líder, intratables esta temporada. “Chini” asegura que viaxan a Xixón para “competir” e recuperar o ritmo logo do descanso ligueiro, malia que recoñece que as asturianas “son de outra liga”. Máis accesibles serán os puntos ante o Seis do Nadal en Redondela, un encontro no que o técnico agarda contar co apoio da súa afección, fundamental para pode impoñerse ás viguesas. E o final de liga disputarase en Chapela, co derbi local ante o Rodosa. No club redondelán confían en que as de Chapela teñan xa salvada a categoría antes desta cita, para poder gozar “dunha festa do balonmán local”. Chini advirte que se as chapeleiras chegan á cita coa permanencia en xogo o partido será “máis tenso”.  

Elisardo González "Chini" adestrador
O técnico asegura que o único segredo do seu éxito é o traballo e a ilusión das xogadoras.
Obxectivos
O adestrador aspira a sumar catro puntos máis no final de liga e subir unha posición na táboa.
Mavi – SAR Rodavigo
O partido do sábado en Asturias será moi duro xa que as anfitrionas son as líderes indiscutibles do grupo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará