Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As obras na rotonda de Cedeira sofren novos atrasos

RR_Noticias

Malia que as previsións apuntaban a que o acceso á parroquia de Cedeira polo barrio do Cruceiro quedaría aberto antes da Semana Santa, o certo é que a día de hoxe esa subida dende a N-552 segue pechada. O malestar é patente entre os veciños da zona así como entre os país e nais que na xornada de hoxe volveron atoparse con esa vía pechada e obrigados novamente a empregar desvíos alternativos “estreitos e perigosos que con dificultade permiten que se crucen dous vehículos”. Dende o BNG consideran inaceptable os continuos atrasos no remate da obra e instan ao alcalde a que aprema á empresa a rematar canto antes.

As obras que se están a levar a cabo na N-552, para a construción dunha rotonda que dea servizo ao supermercado Mercadona levan acumulado numerosos atrasos. De feito, as últimas informacións apuntaban a que o acceso a Cedeira polo barrio do Cruceiro estaría aberto a circulación hai xa unha semana e que se tería recuperado a normalidade antes das Semana Santa. Na xornada de hoxe, día no que se retomaron as clases, pais e nais que levaban aos seus fillos ao colexio desta parroquia comprobaron de primeira man como a obra mantén ese acceso pechado, tendo que recorrer novamente a vías alternativas, estreitas e nas que con moita dificultade poden cruzarse dous vehículos.
Unha situación que segundo denuncian dende o BNG “está acabando coa paciencia dos e das residentes” motivo polo que esixen que a empresa axilice os traballos para que estes rematen canto antes. Afirma o edil Xoán Carlos González que a empresa “ten os medios máis que suficientes para que en quendas extraordinarias, se avance nas obras” e critica ao goberno por non ter presionado á empresa a que axilizara os traballos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará