Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Coral O Piñeiral inaugura o ciclo Pórtico Sonoro cun concerto de música medieval

RR_Noticias

Arranca a segunda edición do ciclo de música nas igrexas organizado pola Concellaría de Cultura e faino cun concerto a cargo da Coral O Piñeiral de Chapela quen actuará este sábado día 27 ás 21:00 horas na Igrexa Santiago de Redondela. Un repertorio elaborado para a ocasión baixo o título “Sedíame eu” no que presentarán un espectáculo cunha coidada escenografía na que non faltará o narrador e o baile e a música de estética medieval.

O concerto que presentan nesta ocasión reproduce unha viaxe no tempo e no espazo, coa pretensión de dar a coñecer ao seu xeito parte da historia lírico-musical na que a ría de Vigo é un elementos fundamental. Baixo o título “Sedíame eu” (cantigas e cancioneiros), os 48 integrantes da formación baixo a dirección de Alberto Abal desenvolverán un repertorio que inclúe cantigas medievais, composicións contemporáneas baseadas na estética medieval, música dos séculos XV e XVI, e música evocadora do mar e da tradición hispana. Ademais dos integrantes habituais da coral, nesta ocasión contan tamén cun grupo instrumental integrado por arpa celta, zanfona, teclado, frauta, saxo, guitarras e percusión; e coa narración de textos explicativos e a ilustración dun cadro do Pórtico da Gloria do pintor Xai Óscar. Estarán acompañados tamén de tres parella do grupo de baile BTroula. O obxectivo deste ciclo é divulgar a música culta achegándoa a distintas parroquias do concello, aproveitando elementos do patrimonio que pola súa acústica, tamaño e valor artístico poden acoller concertos de música sen amplificación nin medios técnicos. Esta segunda edición acolle catro propostas diferentes con repertorio da música popular, folk, medieval, barroca e renacentista, e celebraranse nas igrexas de Santiago de Redondela, San Martiño de Ventosela, Santa María de Reboreda e Santo André de Cedeira. O primeiro dos concertos celebrarase o sábado 27 de febreiro, ás 21.00 h, na igrexa de Santiago de Redondela con entrada libre.  

Katusa Coral O Piñeiral
Un repertorio específico para este concerto
Un espectáculo moi coidado
Os cantantes estarán acompañados doutros músicos e bailaríns

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará