Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O novo pavillón de Redondela chamarase Pavillón Municipal A Marisma

RR_Noticias

As novas instalacións deportivas de Redondela están xa a pleno rendemento con partidos e citas deportivas que se suceden practicamente a diario. Unha situación que fai necesario darlle  un nome oficial a este edificio que evite confusións cando se determina en que pavillón se van celebrar os partidos. Un nome que virá determinado polo espazo que ocupa e que xa viña sendo empregado de xeito extraoficial polos clubs: pavillón municipal A Marisma.

A denominación foi consensuada co resto dos grupos políticos e será aprobada no pleno ordinario que se celebra este xoves ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira e servirá para distinguir este pavillón “A Marisma” do pavillón municipal que habitualmente se denomina tamén “A Bomboneira”.
No pleno do xoves abordaranse tamén outras cuestións como a aprobación inicial da ordenanza de prevención de situación de exclusión social e a revisión de prezos da xestión do servizo de recollida dos residuos sólidos urbanos e o seu transporte, tal e como así se recolle no contrato que administración local ten asinado coa empresa adxudicataria do servizo, Urbaser. A corporación acordará tamén o manifesto do consello da muller polo día 8 de marzo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará