Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.R. Chapela arranca con excelentes resultados e o obxectivo do pase ao Campionato de España

RR_Noticias

Logo dun gran comezo no Campionato Territorial Sur de Bateis, no que subiron ao podio en cinco categorías, Chapela prepara a cita desta fin de semana no Grove. No club apuntan a Meira, Tirán e Mecos como os seus rivais polo título galego esta temporada.

A proba disputada a pasada fin de semana en augas da antiga ETEA, en Teis, inaugurou a tempada de bateis, con excelentes resultados para o C.R. Chapela, ouro na absoluta masculina, prata na xuvenil feminina e tres bronces: na promesa e absoluta feminina e na xuvenil masculina. Uns resultados que segundo o presidente, Julio Prado, “son o resultado do traballo ben feito ao longo de todo o inverno”. A próxima cita esta fin de semana será no Grove, onde agardan competir tamén a un bo nivel e seguir sumando para acadar o obxectivo do club, que non é o outro que a clasificación para o campionato autonómico e estatal. Prado confía en que o club estea a un bo nivel, tanto nas categorías femininas como masculinas, “e pelexar polos títulos” situándose sempre entre os tres ou catro mellores de cada categoría. Especial relevancia terá nesta temporada a fin de semana do 12 e 13 de marzo, cando se dispute en Chapela a XX Bandeira Concello de Redondela e a Bandeira do Porvir Memorial Obdulio Iglesias “Odilo”.  

Julio Prado presidente C.R.Chapela
O presidente confía en que o club sexa competitivo en todas as categorías.
Memorial Lini
Os bos resultados en Teis son froito do traballo realizado durante o inverno.
Obxectivos
Esta fin de semana a regata é no Grove queren seguir sumando puntos para facerse coa clasificación para o Galego.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará