Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos de Borbén repartirá 3.000 racións na Festa da cacheira

RR_Noticias

O Concello de Pazos espera recibir o vindeiro domingo a máis de 3.000 persoas para gozar da XV Festa da Cacheira, a cita gastronómica máis popular do municipio. Os humoristas Os sete magníficos serán os pregoeiros. Como novidade a degustación trasladarase ao interior do pavillón de deportes para maior comodidade dos asistentes e ante as previsións meteorolóxicas.

Os organizadores da festa elaborarán unhas 3.000 racións de cabeza do porco acompañada con chourizo e grelos. A celebración comezará ás 11.00 horas coas actuacións da charanga Vai de baile e ás 13.00 horas terá lugar a lectura do pregón, que correrá a cargo dos humoristas Os Sete Magníficos +1. Pola tarde continuará a festa coa actuación do grupo Capitol, ademais da tradicional animación musical e as atraccións inchables para os máis pequenos. Outra das novidades desta edición será a degustación de racións de polbo a prezos populares.
A “cacheira” servirase como manda a tradición: cocida e acompañada de chourizo e grelos, ademais de viño tinto. Como en anteriores edicións, o prato poderase degustar no recinto da festa ou levarllo para consumir en casa a un prezo máis económico.
A festa da cacheira débese a unha antiga tradición existente en Pazos de Borbén, pola que se conmemoraba o día de San Amaro comendo cacheira. O afán por contar cunha festa gastronómica propia de todo o municipio levou ao Concello a abandeirar a posta en marcha desta celebración.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará