Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela busca solucións técnicas que eviten novas inundacións

RR_Noticias

Técnicos de Augas de Galicia acompañados polos responsables municipais visitaron hoxe o noso concello para buscar as causas que están detrás das inundacións que afectaron este fin de semana ao noso concello, tanto na zona do Salgueiral como na parroquia de Negros, lugar no que se produciu un desprendemento de terras que ata a mañá de hoxe mantivo un carril da N-555 cortada ao tráfico. O Concello garante “asesoramentos aos veciños afectados para que obteñan as indemnizacións axeitadas”. O edil de Interior Arturo González agradece aos servizos de emerxencias e traballadores municipais a labor desenvolvida nos peores momentos da inundación.

Xornada de apurar a limpeza nos establecementos comerciais e de achicar a auga que aínda asolaga algúns garaxe na zona do Salgueiral, pero día tamén de intentar buscar as causas dunhas inundacións que sorprenderon a todos, tanto pola súa intensidade como polo lugar no que se produciron. De feito, os veciños do lugar aseguran que habería que remontarse tres décadas atrás para atopar unhas inundacións semellantes. Na mañá de hoxe técnicos de Augas de Galicia xunto cos responsables municipais visitaron a zona e percorreron o río maceiras para coñecer os motivos do seu desbordamento e intentar definir que tipo de actuación sería a máis axeitada para evitar que isto volva repetirse. Neste sentido explica o edil de interior, Arturo González que “choveu moito nun período moi curto de tempo, ao que hai que sumar as achegas de auga procedentes de Vilar e de Negros. Con todo, imos tentar atopar as causas e buscar  solucións para que isto non volva suceder”. Por outra banda o concelleiro anunciou que dende a administración asesorarase aos afectados para que obteñan as indemnizacións que lles corresponden polos danos sufridos. Lembrou que o Consorcio de Compensacións será o encargado de asumir eses custes a todos aqueles comercios e veciños cuxas propiedades estiveran aseguradas.  

Arturo González concelleiro de Interior
Buscar solucións
Asesorar aos afectados
Garantir que sexan compensados polo Consorcio

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará