Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiro de música para nenos menores de 6 anos

RR_Noticias

O Servizo de Normalización Lingüística organiza un obradoiro de recursos en galego para familias con nenos de 0 a 6 anos que se desenvolverá en Redondela e Chapela, os días 21 de febreiro e 20 de marzo, respectivamente. A actividade leva por nome “A casa encantada de alí” e estará impartido por Luís Prego e Fabaloba no que achegarán ás familias participantes recursos para cantar, contar e xogar con seus pequenos. A actividade é de balde pero ten límite de participación e cómpre inscrición previa no correo normalizacion@redondela.es ata dous días antes do comezo de cada obradoiro.

Luís Prego (músico, mestre e estudoso do patrimonio musical) e Fabaloba (empresa creadora e mantedora do portal “Alí, recursos en galego para a educación”) xúntanse neste obradoiro para contar, cantar e xogar coas familias participantes. O obradoiro celebrarase o domingo 21 de febreiro na Casa da Cultura de Redondela ás 12:00 horas e o domingo 20 de marzo tamén ás doce do mediodía no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela.  

Eva García Rei Normalización Lingüística
Uns obradoiros para nenos de 0 a 6 anos
Luis Prego e Falaloba
Profesionais da música e a animación con nenos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará