Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As previsións de mal tempo obrigan a pospoñer o enterro do Berete en Chapela

RR_Noticias

O concello confía en que se poidan celebrar as actividades previstas para a tarde do domingo en Redondela. Un programa que inclúe obradoiros e animación infantil a partir das 16:30 horas no Multiusos da Xunqueira así como a queima do meco, unha figura que representa o maltrato animal e que dende hai unha semana espera ás portas do concello a ser devorado polas lapas. Tamén en Soutomaior decidiron aprazar o desfile de comparsas que estaba previsto para a tarde de mañá sábado. En Cesantes o Centro Cultural celebra este sábado a partir das 17:00 horas un festival infantil que dará paso a un baile de disfraces para adultos a partir das once da noite.

Os prognósticos non deixan lugar a dúbidas e insisten en que a xornada de mañá viviremos un día de mal tempo e precipitacións constantes, unha situación que levou ao concello a suspender o entroido do Berete previsto para a tarde do sábado en Chapela e pospoñelo ata o sábado día 20. Será polo tanto na vindeira fin de semana cando se celebren esas actividades que inclúen un desfile de comparsas dende o Alto da Encarnación ata a praia de Arealonga, lugar no que se procederá a queima do berete con actuación posterior do grupo Trópico de Grelos.
Con todo, a Concellería de eventos mantén as actividades xa pospostas do pasado martes e que en principio deberían celebrarse este domingo día 14. Será a partir das 16:30 horas cando comecen os obradoiros e as actividades de animación infantil coa Ludoteca Parruliños. Ás 19.30h arrancará o espectáculo Errantes dende a praza da Farola ao Concello, lugar no que está previsto a queima do meco ás 20:30.
Cesantes
O Círculo Cultural e Deportivo de Cesantes celebra mañá, entre as 17.00 e as 19.00 horas, unha festa infantil de Entroido. A partir das 23.30 horas comezará un baile de disfraces dirixido ao público adulto
Soutomaior
Tamén a Concellería de Festas decidiu suspender o desfile que debería percorrer o centro de Arcade na xornada de mañá. O desfile, que debería rematar na Alameda Talo Río cunha festa de entroido, queda posposto polo de agora sen data de celebración.
Fornelos
En Fornelos a festa está asegurada, xa que a festa infantil previstas para hoxe será baixo cuberto no pavillón municipal con agasallos e sorpresas para os asistentes. A partir das 22.00 horas, a festa continuará para o público adulto cun concurso e verbena amenizada polas orquestras Miramar e Prisma. Os gañadores en individuais levarán un premio de 90 euros, o segundo 70, e o terceiro 50. Na categoría de grupos, o gañador obterá 110 euros, o segundo 90 e o terceiro 70. A festa está organizada pola comisión de festas de Fornelos, coa colaboración do Concello.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará