Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Campito sorprende ao RedondelaFS e afasta aos de Mougán dos postos altos

RR_Noticias

O Campito FS pegou máis forte e conseguiu levar o derbi disputado na bomboneira cun marcador final de 4-6. Unha derrota para o Redondela que os afasta de pelexar polos postos altos da categoría xa que malia ser terceiros xa se atopa a catro puntos do segundo e a dez do líder, o Sala Ourense. Na Autonómica Norte o Arealonga caía na súa visita ao campo do Ventorrillo por 4-3.

O Campito FS foi superior dende o inicio do partido, cunha saída moito máis agresiva e intensa, e cunha concentración maior, que lle permitiu contar cunha renda no minuto 16 de 1-4, vantaxe que poñía moi difícil as cosas aos locais.
Os redondeláns non se viron derrotados e nos últimos cinco minutos conseguiron reducir a vantaxe en dúas ocasións a tan só un gol, poñendo contra as cordas aos de Chapela, pero o Campito reaccionou impedindo a remontada dos locais.
Un partido que permitiu aos espectadores gozar dun excelente encontro que tivo de todo, emoción, tensión e un nivel técnico táctico na cancha que non ten nada que envexar a categorías superiores.
O Redondela perde o tren de pelexar nos postos altos e o colchón que mantiña cos seus perseguidores. A semana que ven terá unha final en Mos cos segundo da categoría, o Autos Leirón. Pola contra, o Campito suma tres puntos que os afastan dos postos baixos da categoría, vantaxe que poderían incrementar na vindeira semana, xogan en Chapela e fano co noveno do grupo, o García Araujo.
Houbo tamén competición na Autonómica Norte, cun Arealonga que na súa visita ao campo do Ventorrillo perdía por 4-3. Na vindeira semana reciben ao Outeiro Rei, cuarto na categoría.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará