Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Biblioteca de Chapela abre prazas para un club infantil de lectura

RR_Noticias

A Biblioteca de Chapela abre unha nova etapa do club infantil de lectura para rapaces e rapazas de entre 7 e 10 anos. Está previsto que esta nova etapa arranque o mércores 15 de outubro con sesións periódicas un mércores ao mes en horario de 18:30 a 19:30. Leo Leíño será a encargada de conducir esta actividade.

Os participantes neste club de lectura leran un libro ao mes que será cedido pola propia biblioteca para facilitar a súa lectura. A condutora do club é Leo Leíño, encargada de diversas actividades relacionadas coa lectura, as bibliotecas e os máis pequenos. Ademais das sesións habituais, organizaranse actividades especiais e moitas sorpresas. Para participar tan só é necesario facerse socio da biblioteca (de xeito gratuíto) e inscribirse no club antes do 15 de Outubro e mentres queden prazas libres. Os que xa sexan socios das bibliotecas de Redondela poden anotarse por teléfono (tlf: 986-454-226, en horario de atención ao público) ou no correo electrónico: bibliotecachapela@redondela.es  

Mª José Villar biblioteca de Chapela
Unha acividade gratuíta para nenos de 7 a 10 anos
Leo Leíño
A encargada de coducir o club conta con ampla experiencia neste tipo de actividades

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará