Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

19 desempregados fórmanse en xardinería e deseño gráfico nos obradoiros de emprego

RR_Noticias

O obradoiro de emprego Emprega verde II está financiado pola Consellería de Traballo e Benestar con preto de 170.000 euros e no mesmo participan un total de 19 alumnos, 11 deles na especialidade de xardinería e horticultura ecolóxica mentres que os 8 restantes reciben formación en deseño gráfico para promoción turística e cultura local.

Os 19 alumnos e alumnas recibirán formación en xardinería e horticultura ecolóxica co fin de levar a cabo a recuperación, instalación e mantemento ecolóxico e sostible de zonas verdes do municipio (en principio tratarán 12 zonas de actuación) ademais de realizar o mantemento dunha zona de produción ecolóxica de hortalizas. Esta especialidade levarase a cabo nas instalacións da Escola Taller Pousadouro. Ademais, no CEMIT de Chapela realizarase a segunda especialidade do obradoiro, onde os alumnos e alumnas recibirán formación para o deseño de produtos e servizos turísticos así coma para o deseño e realización de produtos gráficos para a dinamización turística e cultural local.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitaba onte aos alumnos e alumnas participantes xunto ao alcalde de Redondela, Javier Bas, a concelleira de Emprego e Desenvolvemento Local, Ana Alonso, e a directora do OOEE, Imelda Barrio Santamaría.
Segundo explicou Bravo Bosch, esta iniciativa terá unha duración de seis meses e durante este tempo os alumnos e alumnas alternarán a formación co traballo ou a práctica profesional. Así, preténdese conseguir aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional  para que as persoas desempregadas “aprendan traballando”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará