Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O fútbol sala medra en Redondela

RR_Noticias

Un total de tres equipos locais compiten este ano na Liga Autonómica. O máis veterano, o Redondela F.S., comparte campionato co Campito F.S., recentemente ascendido á Liga Galega Sur. A eles súmase o Arealonga F.S., convidado pola federación a participar na Liga Galega Norte. Este sábado dispútase o primeiro derbi en Chapela.

Para Julio Mougán, presidente e Técnico do Redondela F.S., este auxe do fútbol sala no municipio é “unha boa nova”, xa que serve para aumentar a afección e a práctica do deporte entre os máis novos. O feito de ser o club máis veterano do Concello nesta disciplina fai que sexan “un referente” para os dous clubs de Chapela, de creación moito máis recente. Un papel que non fai máis que “aumentar o compromiso e responsabilidade” do Redondela F.S. con este deporte. Ademais a boa relacións entre as tres entidades permite que “todos aprendan de todos”. Os de Mougán comezaron a temporada simultaneando a liga coa Copa Xunta, da que se despediron onte logo de perder co C.D. Bembrive por 4-1. Para Mougán o feito de participar nesta competición xa foi “un premio marabilloso”, ao permitirlles medirse á elite do fútbol sala galego. Agora teñen que centrarse na liga, na que conseguiron sumar a súa primeira vitoria na segunda xornada diante do Cafetería Luar cun marcador de 4-1 que reflicte o seu dominio na cancha. Cos tres puntos no taboleiro enfrontan o derbi deste sábado en Chapela diante do Campito F.S. O rival, recentemente ascendido, merece todo o respecto de Mougán, que lle augura un bo futuro na categoría. Salienta que malia a súa xuventude é un equipo “con calidade e gol”, que será un rival “complicado”. De feito os de Chapela suman tamén tres puntos logo dunha contundente goleada a domicilio ao Mondariz, cun marcador de 4-8. A maior preocupación de Mougán para este derbi e tamén para as próximas xornadas é a “praga de lesións” que sofre o equipo, con Dani, Tizón, César Buján e Jorge na enfermería. En canto ao terceiro equipo local da autonómica, salientar que o Arealonga F.S. tamén se estreou o pasado sábado na Liga Galega Norte cunha vitoria. Foi diante do Lodairo cun marcador de 4-3. A próxima fin de semana xogan na pista do Pombo, líder provisional do grupo co que están empatados a puntos.  

Julio Mougán presidente Redondela F.S.
Para o técnico e presidente do Redondela F.S. é unha boa nova o auxe do deporte no municipio que obriga a todos a mellorar.
Campito F.S.-Redondela F.S.
O primeiro derbi disputarase o sábado en Chapela. Mougán fala do rival como un equipo de calidad e con gol.
Mermados polas lesións
O técnico lamenta o mal comezo de temporada no que as lesións están a pasar factura ao equipo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará