Hoxe é Venres 6 de Xuño de 2025

O regulamento dos Consellos Parroquiais chega ao pleno da man da Federación de veciños

RR_Noticias

Unha moción presentada pola Federación de Asociación de Veciños de Redondela, que non puido ser debatida no pleno do pasado mes de febreiro, hoxe si formará parte do debate político que arrancará ás 20:00 horas no Concello. O obxectivo da moción, segundo explicaban dende a Federación “é mellorar o funcionamento destes órganos e favorecer unha maior implicación da veciñanza na vida municipal”.

A Federación critica que nos últimos anos se teñan producido “estratexias de desgaste, obstrución e escurantismo por parte dos diferentes concelleiros coa intención de que os Consellos e Comisións non contraveñan a folla de ruta do goberno de quenda”. Aseguran que se teñen posto en marcha medida de cara a atrancar a participación dos veciños “ninguneando as súas propostas ou obstruíndo o acceso a información dos representantes veciñais”. Entenden que ante esta situación é necesario introducir unha serie de cambios nos regulamentos dos Consellos Parroquiais e reclaman, entre outras cuestións, que se lle recoñezan as Asociación de Veciños “a”lexítima representatividade como defensoras do interese xeral sen menoscabo da representatividade doutras entidades”.  

Federación de AAVV
Un dos seus protavocees daba lectura á moción

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: