Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os redondeláns colaboran con Correos na recollida de alimentos

RR_Noticias

O director da oficina de Redondela, Leonardo Cabaleiro, anima os veciños a participar desta campaña solidaria co Banco de Alimentos. Ata o vindeiro sábado recollen produtos infantís e alimentos non perecedeiros no local da rúa Casto Sampedro. Tamén participa da iniciativa a oficina de Chapela no Camiño Oliveira.

A oficina de Correos de Redondela participa nunha campaña a nivel nacional de recollida de alimentos que serán entregados á Federación de Bancos de Alimentos. No local da rúa Casto Sampedro recollen estes produtos dende o pasado martes e seguirán facéndoo ata o vindeiro sábado. Con esta iniciativa, da que xa participaron varios veciños e empregados “aínda que non tantos como desexaríamos” en palabras de Cabaleiro, as oficinas de correos convérsense en puntos de recollida de alimentos infantís, conservas, legumes, aceite, pasta, arroz e calquera outro produto non perecedeiro. Os usuarios comezaron a depositar os primeiros alimentos nesta cesta solidaria o pasado martes, aínda que confían que o número se incremente nas vindeiras horas. Un acto solidario que pode non supoñer moito para os doantes pero que é fundamental para os receptores deses produtos. As persoas que desexen entregar alimentos poderán facelo no horarios de atención ao clientes habitual da entidade pero tamén se o prefiren poden poñerse en contacto coa oficina para que pasen a recoller esas doazóns polas súas vivendas.  

Leonardo Cabaleiro director da oficina de Corrreos
Anima aos veciños a participar da campaña de recollida
Acto solidario
Un xeito de colaborar cos que están a sufrir máis a crise

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará