Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo para participar no maratón fútbol sala de Fornelos

RR_Noticias

O torneo, que se disputará durante a fin de semana do 27 e 28 de xullo, ten confirmada a presenza de 30 equipos de toda a comarca. Dende a organización confían en chegar aos corenta participantes. Lembran que todos os xogadores dos equipos inscritos poderán acceder á piscina municipal de xeito gratuíto durante os dous dous días do torneo.

Un maratón que se disputará os vindeiros sábado 27 e domingo 28 de xullo con trofeos para os catro primeiros clasificados. O prezo da inscrición é de 50 euros e pode formalizarse a través do teléfono 636903026. No prezo da inscrición vai incluído o acceso gratuíto a piscina durante toda a tarde do sábado e do domingo, ademais do dereito a acampar
Os partidos disputaranse esta fin de semana aínda que as semifinais e a final terán lugar os días 9 e 11 de agosto coincidindo coa festa de Fornelos.
Durante toda a noite e madrugada do sábado haberá unha festa nas inmediacións do pavillón.
Ultimo día para anotarse é mañá mércores.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará