Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Nós” un percorrido etnográfico en imaxes

RR_Noticias

Álvaro M. Leiro é o autor das 47 imaxes que compoñen esta exposición fotográfica que se pode visitar ata o vindeiro 18 de agosto na Casa da Torre. Fotografías captadas nos concello de Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Mondariz, Pontecaldelas e outros lugares da provincia nas que se recollen oficios, festas, traballos de campo e usos e costumes algúns en vías de desaparición.

Unha escolma de imaxes que Álvaro Martínez Leiro comezou a realizar a finais dos anos 90 consciente de que moitas das fotografías que estaba a tomar poderían no volver a repetirse por tratarse de “estampas que en pouco tempo van desaparecer do rural”. Fotografías testimoniais que nos deixan imaxes ven curiosas que van dende veciños realizado traballos de campo con animais de carga, pasando pola elaboración de cestos, instantáneas relixiosas que nos levan ata tradicións tan chamativas como os ataúdes de Satna Marta de Ribarteme ou as festas do Entroido de Cobres. Imaxes algunhas das cales ben poderían terse realizado cen anos atrás e que son unha pequena mostra de como viven e traballan os últimos agricultores tradicionais da bisbarra. A exposición pode visitarse de luns a domingo en horario de 13:00 a 22:00 horas na Casa da Torre ata o vindeiro 18 de agosto  

Alvaro M. Leiro fotógrafo
Un traballo de recollida de imaxes que iniciou na década dos 90
Un percorrido en imaxes
O autor fálanos dalgunhas das súas fotos preferidas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará