Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia o incremento dos recibos por mor da aplicación do canon da auga

RR_Noticias

A medida supón un incremento de 1,5 euros trimestralmente nos recibos e afecta maioritariamente ás vivendas dos núcleos de Redondela Casco, Vilavella, Chapela e Cesantes; é dicir, a todas aquelas vivendas con enganche á traída municipal. Os nacionalistas estiman que os afectados son unhas 7.000 vivendas ás que, como fixo, Augas de Galiza lles cobra un euros e medio cada tres meses “un fixo ao que hai que engadir un gravame variábel, que pode elevar a tarifa até os 10€ de media”.

Dende o BNG critican que en Redondela os veciños estean a pagar este canon e que sexa ademais o propio Concello quen realice o cobro malia que o recadado vaia directamente para Augas de Galicia “trátase de utilizar os servizos de recadación do Concello de Redondela para que a Xunta se beneficie directamente, coa ameaza de multar ao Concello, no caso de que non se cobre”.
Denuncian os nacionalistas a submisión do alcalde de Redondela ante a Xunta de Galicia, pois no canto de defender verdadeiramente os intereses dos redondeláns, consinte que se cobre este imposto.
Unha lei de augas que segundo explican dende o BNG “non aporta nada novo con respecto a outras normativas anteriores e cuxo fin é meramente recadatorio”.  Afirman dende a organización nacionalista que co pretexto da reinversión do recadado na mellora do abastecemento, o único que se fai é que sexan os veciños e veciñas os que aboan o consumo. A evidencia concrétase en que máis do 80% a poboación atópase nun dos “tramos de cálculo” máis altos. Por outra banda, a achega de empresas cun alto consumo de auga para desenvolver a súa actividade, non vai chegar ao que lles correspondería porcentualmente.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará