Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello organiza rutas náuticas gratuítas pola enseada

RR_Noticias

Os participantes achegaranse á práctica de actividades náuticas como o remo e a vela e coñecerán o patrimonio cultural e histórico da enseada con visitas á Illa, o museo Meirande ou as salinas de Ulló. Unha actividade impartida polo club náutico Illa de San Simón orientada exclusivamente a persoas de entre 8 e 35 anos de idade.

Esta actividade, financiada polo Concello e impartida polos monitores do Club Náutico Illa de San Simón, permitirá aos participantes coñecer o litoral e a súa cultura marítima dende a práctica de deportes náuticos como a vela e o kayak. Durante 5 días, saíndo dende o porto de Cesantes, realizaranse rutas aos distintos puntos de interese dentro da enseada como a Illa, o museo Meirande ou as salinas de Ulló. Ao tempo os participantes aprenderán os conceptos básicos propios dun curso de iniciación á vela e ao kayak, segundo explicaba un dos monitores da actividade Juan Bujeiro. Os obxectivos deste programa náutico cultural é dar a coñecer aos o medio mariño aos participantes mediante a práctica de actividades deportivas así como difundir a riqueza paisaxística, histórica e cultural do litoral redondelá. Os alumnos gozarán da actividade durante cinco días en horario de 10:00 a 14:00 horas e navegarán en embarcacións colectivas acompañados por un monitor. As actividade están pensadas para un máximo de 15 alumnos que se repartirán en diferentes quendas ata o 20 de setembro. Para participar é requisito imprescindible estar empadroado no concello e inscribirse previamente no Rexistro do Concello. Máis información no servizo de participación Cidadá no teléfono 986 400300.  

Juan Bujeiro monitor do curso
Fálanos dos obxetivos da actividade
Mar e terra
Actividades nauticas e visitas terrestres

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará