Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno debate a decisión da Consellería de negar o ciclo de Integración Social ao IES de Chapela

RR_Noticias

O PSOE presentará no pleno municipal que se celebra o vindeiro martes día 30 unha moción na que solicitan o apoio do resto dos grupos políticos presentes na corporación para reclamar da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que implante o ciclo superior de Integración Social no IES Chapela de Redondela para o curso 2014/2015.

Na moción os socialistas fan fincapé no feito de que este centro, que conta cunha ampla traxectoria en Formación Profesional, e concretamente dentro da familia de Servizos á Comunidade, solicitou no pasado mes de maio a implantación do ciclo superior de integración social “un ciclo que non existe en ningún centro público da provincia de Pontevedra, e cuxa implantación no IES de Chapela resultaría totalmente razoable, xa que este centro educativo conta con instalacións, equipamentos e persoal cualificado para impartir ese tipo de ensinanza”.
 Lembran tamén que este centro educativo de Redondela conta xa con outros dous ciclos da mesma familia profesional e cualifican de “discriminatoria decisión para o ensino público” que esta ensinanza se lle teña negado ao Instituto de Chapela cando “na mesma provincia de Pontevedra, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mantén abertos ciclos similares en dous centros privados de Vigo: San José da Guía e Aloya”.
Por este motivo, piden ao resto dos grupos o seu apoio para lle instar á Consellería que implante este Ciclo no instituto redondelán.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará