Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Que facemos cos nenos?

RR_Noticias

Chega o verán, rematan as clases e as preocupacións multiplícanse para nais e pais que buscan alternativas de cara a compatiblizar a súa xornada laboral co descanso estival dos rapaces. En Redondela as opcións son múltiples e pasan polas propias actividades organizadas directamente dende o Concello con ludotecas nas parroquias durante o mes de xullo, pasando por propostas deportivas e campamentos de verán.

Ültimos días para se inscribir nas actividades de verán que organiza a Concellería de Servizos Sociais, Muller e Igualdade durante o mes de xullo. Orientada a nenos e nenas de entre 4 e 14 anos, o programa municipal de conciliación desenvolverase nas parroquias de Cedeira, Chapela, Negros, O Viso, Redondela, Saxamonde e Ventosela. As persoas interesadas débense inscribir antes do mércores 26 de xuño no rexistro do Concello. O programa, que se vai desenvolver en horario de mañá de 19:30 a 13:30, inclúe actividades lúdicas e de ocio, así como actividade física lixeira. Os menores participantes poderán tamén dedicar unha hora a repaso escolar.
 
En Chapela a proposta chéganos dende o Centro Cultural Recreativo da parroquia.
O campamento de verán está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade. Os horarios serán de 09:00 a 14:00 horas e xa ten aberta a inscrición. Impartido pola empresa de xestión deportiva Koremi os prezos son de 4 euros por día, con cotas individualizadas dependendo do número de irmáns inscritos ou si se opta por acudir unhs semana, unha quincena ou o mes enteiro. Máis información nos teléfonos 986 450050 ou 665990515. Tamén no enderezo circulo@chapela.org.
 
Tamén en Chapela o club de remo pon en marcha a súa escola de verán para rapaces a partir de 8 anos. As actividades comezarán o 28 de xuño e rematarán o 30 de agosto. As inscricións poden facerse no propio club ou no teléfono 986 452976. O prezo da actividade custa 50 euros.
 
E tamén no ámbito deportivo dende hoxe e ata o 28 de xuño o Redondela Fútbol Sala celebra o seu Campus Multideporte en colaboración co Club náutico de Redondela e a SAR. Ademais da practica deportiva contarán tamén con actividades culturais e lúdicas coa participación do Conservatorio e Protección Civil.
 
III Campus da na pisina municipal: O campus desenvolverase nos meses de xullo e agosto e nesta terceira edición as súas actividades xirarán en torno ao circo e o mundo do espectáculo. Os rapaces participantes, nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, poderán participar de obradoiros de malabares, xogos predeportivos, clases de inglés e actividades de natación en horario de 9:00 a 14:00 horas. O prezo é de 59,90 euros por quincena, 110 o mes completo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará