Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE denuncia o emprego de herbicidas malia terse aprobada unha moción contra do seu uso

RR_Noticias

Aseguran que se están a empregar estes produtos químicos nos laterais da AP-9 a altura da parroquia de Chapela, preto do pavillón, a igrexa e o colexio. Lembran que o pleno por maioría aprobara unha moción na que se instaba á declaración de Redondela como concello libre do uso de herbicidas.

En dita moción tamén se pedía que se instara ao distintos propietarios das infraestruturas que atravesan o termino municipal de Redondela a que eliminara o uso destes produtos. Por todo isto, non entenden como as beiras da AP-9 atópanse a día de hoxe coa vexetación queimada e seca ao seu paso por Redondela, máis concretamente pola parroquia de Chapela. Ademais de incumprir deste xeito a aprobación de concello libre de herbicidas, os socialistas temen que “o Partido Popular, que foi o único grupo que votou en contra da citada moción, non fixera chegar aos encargados desta limpeza os desexos do Concello”.
Salientan tamén que as zonas queimadas se atopan preto de infraestruturas nas que se concentra un gran número de xente, como son o caso do pavillón, a igrexa ou o colexio, o que podería conlevar un risco para a saúde ademais do xa consabido risco medioambiental que supón para o subsolo.
Apuntan que quilómetros máis adiante, no Concello de Vigo, a vexetación foi recortada no lugar de ser queimada.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará