Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A VI Carreira Popular de Redondela contará coa participación de Alejandro Gómez e Pedro Nimo

RR_Noticias

A Asociación Deportiva C.A.R., coa colaboración do Concello de Redondela, organiza a sexta edición da Carreira Popular Vila de Redondela. Celebrarase este domingo, día 30 de xuño, sobre un percorrido de 6500 metros. Tanto a saída como a meta estarán diante da Casa do Concello. Para os máis pequenos haberá percorridos especiais, desde os 50 ata os 1.500 metros en función da idade, con premios para todos os nenos.

As rúas do centro urbano da vila e as estradas da contorna serán o escenario da carreira, na que agardan a participación de centos de atletas. O presidente do Club de Atletismo de Redondela, Francisco Otero, fala dun percorrido “asequible” para todos os públicos xa que non conta con desniveis importantes, e “moi rápido”, xa que os máis veloces poden completalo nuns 18 minutos, e os máis lentos non superan os 35 minutos. Unha das figuras participantes na proba será Alejandro Gómez, fondista vigués que atesoura varias marcas na modalidade de cross e que asistiu á presentación da carreira. Tamén contarán con outro gran atleta en activo, Pedro Nimo, pero neste caso non será como corredor senón como “speaker”, xa que será o encargado de retransmitir e animar a carreira. A inscrición mantense aberta ata mañá mércores, día 26, na páxinas web www.championchipnorte.com, e tamén na oficina de Viaxes Loa en Redondela, e o prezo é de 3 euros. Os gañadores, ademais de recibir un trofeo, serán agasallados tamén cunha viaxe pola ría con visita á illa de San Simón e unha comida no Hostal Antolín. A carreira tamén ten fins solidarios, posto que unha parte dos fondos recadados doarase á asociación “Lenda” de atención a persoas con enfermidades mentais.  

Francisco Otero presidente do C.A.R.
A proba é accesible para todos os que desexen participar.
Gómez e Nimo
As dúas figuras do atletismo estarán en Redondela.
Carreira solidaria
Parte dos fondos serán donados a Lenda.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará