Hoxe é Venres 1 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela arderá na noite de San Xoán

RR_Noticias

Colectivos veciñais, asociacións culturais e centros parroquiais así como particulares súmanse un ano máis ás tradicionais celebracións de San Xoán. Así o acreditan os 45 permisos concedidos pola Concellería de Medio Ambiente de Redondela para a celebración doutras tantas fogueiras na noite do 23 ao 24 de xuño.Uns lumes completamente excepcionais nunha noite máxica que se enmarca nun período no que por condicións meteorolóxicas a administración non está a conceder permisos para queimas co obxectivo de evitar posibles complicacións.

Precisamente para controlar que se cumpra a normativa e que non se produzan incidentes, o departamento de Medio Ambiente establece unha serie de normas de obrigado cumprimento para todos os que prendan algunha fogueira nesa noite. Normas que inclúen a prohibición de facer cacharelas que superen os 8 metros de diámetro e os 3 metros de altura ou nas que se queimen pneumáticos, plásticos, aceites e, en xeral, calquera substancia que poida desprender fumes tóxicos.
Practicamente cada parroquia contará coa súa fogueira. En Rande a Asociación Cultural e deportiva promete unha noite de música e troula en Meirande onde non faltará o pan, as sardiñas e a tradicional queimada para todos os asistentes. En Saxamonde tamén o domingo a partir das 22:30 horas no Chan das Pipas non faltará a festa e a música das gaitas co grupo Terras de Saxamonde.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará