Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Solla&Cía Chapela buscará a permanencia cos actuais xogadores “e algún reforzo”

RR_Noticias

A “continuidade” será a filosofía do equipo logo do ascenso á División de Honra B do balonmán nacional. O adestrador, Fran Teixiera, confía no potencial do cadro de xogadores actuais, aínda que terán que facer algunha incorporación para cubrir as baixas. Está convencido de que a ilusión do equipo e o apoio da súa afección farán posible a permanencia.

Con humildade, así é como afrontan no Balonmán Chapela a nova etapa que se abre para o club logo de confirmarse o ascenso á división de Prata. Teixeira recoñece que será “complicado” pelexar por manter a categoría, xa que se trata dunha liga onde moitos equipos loitan polo ascenso e hai “un gran nivel” de xogo. Con todo, confía no seu equipo e asegura que a base do proxecto para a próxima temporada está “no actual cadro de xogadores”. Recoñece que algúns serán baixa “por incompatibilidade coas súas obrigas laborais”, ademais da saída de Roberto Sánchez “Bicho” que fichou polo Villa de Aranda. O club están en conversas con Quique, xogador do Magope, e con outros xogadores “da categoría” que poderían incorporarse ás filas do Chapela. A limitación de recursos económicos, moi inferiores aos de outros club desta liga, súplena coa ilusión e o esforzo de todo o club (xogadores, os técnicos, directiva) e o apoio incondicional da súa afección. Teixeira agarda que a peña Os Canteiráns manteña o esforzo feito a pasada temporada “para arroupar ó equipo” xa que entende que esta axuda será “fundamental” para acadar a permanencia. Ademais na temporada 2013-14 viviranse derbis moi interesantes cos outros dous equipos galegos que militan na División de Honra B (Academia Octavio e S.D. Teucro) para os que contan cos seus seareiros.    

Fran Teixeira adestrador
Teixeira confía na calidade dos seus xogadores para competir na División de Honra de Prata.
O obxectivo da permanencia
Recoñece que será complicado polo alto nivel dos rivais pero confía na calidade do xogo do Chapela.
Peña Os Canteiráns
O técnico asegira que o apoio da peña será fundamental para acadar os seus obxectivos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará