Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Seguros Blanco gaña o XXXII Maratón de Semana Santa de Fútbol Sala de Redondela

RR_Noticias

O campión gañou na final por 1-2 ao Royal Picasso. No torneo, organizado polo F.S. Redondela en colaboración co Concello, quedou na terceira posición o Celtic Luada, que se impuxo cunha goleada de 1-8 ao Cafetería O Castelo, que foron cuartos.

Preferente Sur

Choco 2-2 Portonovo
Os de Jacobo Montes empataron en Santa Mariña co Portonovo, outro dos equipos fortes deste grupo. O reparto de puntos leva ós redondeláns a baixar unha posición na táboa, agora son cuartos, e os de Portonovo quintos. Logo da xornada anticipada polas festividades da Semana Santa, o Choco prepara o próximo encontro que disputará no campo do Arenteiro, da parte baixa da táboa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará