Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A corporación municipal únese para dicir non á ampliación de Rande

RR_Noticias

Esta tarde o pleno do Concello de Redondela celebra unha sesión extraordinaria que terá como único punto da orde do día a ampliación da AP-9. Unha sesión na que se espera que todos os grupos se unan para amosar o seu rexeitamento a esta obra e apoien a convocatoria dunha manifestación multitudinaria o 2 de marzo na que participen asociacións, veciños e corporación. O pleno celebrarase ás 20.00 horas no Multiusos de Chapela.

O Multiusos do Piñeiral do Crego, en Chapela, acollerá por primeira vez un pleno da corporación, no que se agarda unanimidade entre os partidos redondeláns para apoiar unha moción na que se lle solicita ao Ministerio de Fomento “a inmediata paralización do actual proxecto de ampliación da Autoestrada do Atlántico ao seu paso por Chapela”, así como o establecendo dos mecanismos de negociación necesarios para alcanzar un acordo que impida a construción do terceiro carril, “o que suporía un novo atentado contra a parroquia redondelá”.
No texto, que será debatido esta tarde, tamén se insta á concesionaria a que tome as medidas correctoras precisas para garantir aos veciños de Chapela, Rande e Cabanas, os niveis de salubridade establecidos pola normativa legal vixente. Ademais de convocar unha manifestación multitudinaria o próximo dous de marzo, para pór de manifestar a oposición de todos os colectivos, asociacións, goberno e cidadanía en xeral, a esa ampliación que aparece como unha das obras a executar dentro do plan asinado pola Ministra de Fomento, Ana Pastor, e a empresa concesionaria da explotación, Audasa, a finais do mes de decembro e no que se recollía que a concesionaria realizaría coa “máxima dilixencia” as actuacións para iniciar as obras de ampliación da Autoestrada do Atlántico en Santiago de Compostela e no entorno da ponte de Rande, de acceso e saída de Vigo, previstas no anterior convenio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará