Hoxe é Domingo 10 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os socios do Choco contan con maior poder de decisión e control sobre a entidade

RR_Noticias

O Club Deportivo vén de aprobar o seu novo estatuto que será unha guía para os directivos da entidade pero tamén suporá maior control e participación dos socios, o que permitirá evitar que a entidade volva caer en situacións de dificultade como as vividas nos últimos meses. Uns estatutos que segundo o Presidente da Xunta Xestora lle dará maior estabilidade ao club que conta con 19 equipos en todas as categorías e 350 rapaces.

“Malia que non ao ritmo que desexarían”, segundo recoñecía Iván Crespo Rodríguez, Presidente da Xunta Xestora do Club Deportivo Choco, “están dando os pasos adecuados para darlle estabilidade ao club e que a entidade volva retomar o seu camiño”. Dende o pasado venres o Club Deportivo Choco conta cun novo estatuto que recibiu o apoio da maior parte dos socios. Un documento que supón renovar uns Estatutos que databan de 1986 e que quedaran desfasados ao non recoller aspectos fundamentais para a xestión do equipo, segundo apuntaba Crespo, como unha guía básica para a directiva, unha maior concreción dos dereitos dos socios, pautas claras para a celebración de eleccións ou elementos que nin sequera aparecían, como a moción de censura. Este novo regulamento permitirán aos socios ter maior poder de decisión, participación e control na xestión da entidade e así evitar situación difíciles como a actual. O Choco prepara o partido co segundo do grupo logo da vitoria en Lalín No estritamente deportivo, o Choco ten unha semana complicada na que terán que preparar o partido da próxima xornada co segundo da categoría, o C. Areas, un dos favoritos da tempada para ascender á Terceira División. Crespo recoñece que será un encontro difícil pero agarda que o bo xogo que está facendo o equipo nos últimos partidos lles permita conseguir unha vitoria en Santa Mariña. Recoñece o esforzo dos xogadores e malia os recursos limitados dos que dispoñen e as últimas baixas, coa marcha de Borja Ropero Blanco e o capitán, Ignacio Molinos Otero, amósase moi satisfeito cos resultados e asegura que continuarán traballando con moita ilusión. O Choco mantense na primeira metade da táboa da Preferente Sur, é sexto con 39 puntos logo da vitoria conseguida en Lalín, onde malia o mal estado do terreo de xogo, os redondeláns impúxose aos anfitrións por 1 a 3.      

Novos Estatutos Iván Crespo
O Presidente da Xunta Xestora do Club explica a importancia do novo regulamento.
Vitoria do Choco no campo do Lalín
Os locais lévanse os tres puntos da xornada logo de imporse por 1-3 ao Lalín.
Próximo encontro Choco-Areas
Non o terán nada sinxelo os locais a próxima xornada xa que se medirán ao segundo da categoría o C. Areas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará