Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Galiza co Galego presenta en Redondela a súa cooperativa para crear unha rede de escolas

RR_Noticias

Mañá xoves, ás 20.00 horas o Auditorio da Xunqueira acolle unha charla onde a asociación Galiza co Galego dará a coñecer o traballo que está levando coa charla “A educación, o fío co que tecer o futuro”, a cargo de Francisco Xosé López, presidente do colectivo.

Galiza co Galego é unha asociación sen ánimo de lucro que está a constituír o Fondo económico da Escola Popular, co fin de axudar ás familias a exerceren o dereito universal da infancia á educación. Francisco López explica que o obxectivo da asociación é ofrecer unha alternativa de educación “en galego, laica, pluralista, democrática, de valores e de calidade”. Este mes formalizouse a Cooperativa de Ensino Popular Avoaescola, deste xeito poñen a disposición da cidadanía un instrumento cooperativo que permita impartir educación, regulada ou non, en calquera lugar de Galiza. Avoaescola, que contará co apoio económico e social de Galiza co Galego, acollerá calquera arela da cidadanía dunha educación en galego. Nese acto, e a fío da iniciativa presentada, vaise tratar tamén sobre a posibilidade de constituír un grupo de traballo que avalíe as opcións e as vontades de pór en marcha en Redondela un proxecto de escola infantil que ofreza unha aprendizaxe en galego na comarca. O proxecto está avalado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a asociación Nova Escola Galega, e calquera que o desexe pode participar facéndose socio protector, beneficiario ou numerario. Toda a información sobre a asociación e o proxecto poden consultala en www.galizacogalego.com.  

Francisco López presidente
Galiza co Galego ofrece unha alternativa de educación infantil en galego laica e pluralista.
Escola infantil en Redondela
Galiza co Galego estudará a posibilidade de poñer en marcha unha escola para a comarca.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará