Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pintor Lolo Nantes homenaxea a Mark Rothko en “Desertos do Norte”

RR_Noticias

A mostra recolle a obra pictórica dous últimos catro anos deste artista, nos que investigou e se somerxeu na obra do pintor Mark Rothko. De aí xurdiron máis dunha vintena de cadros onde se amosa inconfundible a pegada do artista lituano en composicións formadas por rectángulos de cores. Cadros abstractos que se mesturan cunha pequena escolma de pintura figurativa na que a actualidade social toma protagonismo. A exposición pódese visitar no Multiusos da Xunqueira até o 15 de febreiro.

Rectángulos superpostos, cores que flutúan entre os azuis, violetas, verdes e granates. Cadros que xorden do estudo que nos últimos anos fixo o actor, publicista e pintor, Lolo Nantes, da obra do artista Marcus Rothkowitz, un dos representantes do expresionismo abstracto. O artista vigués, afincado en Redondela dende hai máis de vinte anos, mergúllase na obra e traxectoria do pintor lituano “para procurar no seu interior”. Non se trata dunha imitación senón que Nantes, a partir da filosofía da pintura de Rothko, saca as súas propias vivencias que plasma nos cadros que se poden ver no Multiusos da Xunqueira baixo o título de “Desertos do Norte”. A exposición complétase cunha selección de cadros de temática social pintados no último ano. Baseándose nos acontecementos da actualidade, Nantes, reflicte a “fragmentación, o individualismo crecente da sociedade contemporánea, a crise política e os movementos sociais”; moi presentes nun momento da realidade, que o autor  define como “tráxica”.  A exposición é o reflexo dos últimos tres, catro anos, de traballo en estudo de Lolo Nantes, un artista que leva máis de catro décadas vinculado a pintura. Até o 15 de febreiro poderán verse os seus cadros nas dúas salas da planta baixa do Multiusos da Xunqueira.

Lolo Nantes e Rothko
O pintor explica a mostra e a influencia que exerceu o artista lituano nestes cadros.
Cadros con transfondo social
Nantes fala da outra parte da exposición onde se recollen cadros do último ano onde a realidade social está moi presente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará