Hoxe é Luns 4 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Humor e reflexión con “ImproVisados”

RR_Noticias

A Sala Disco Tasca acolle esta noite a última función (polo de agora) deste divertido espectáculo da compañía Escuadra 17. Almudena Zurita e Paulo Medal convidan ó público a unha viaxe diferente cada día, onde os espectadores terán “moito que dicir”. A cita é ás 22.00 horas, entradas 4 euros (2 euros par os socios).

A orixe da técnica de improvisación remóntase aos Xograres Medievais e a Comedia da arte, e desde hai máis de 30 anos séguese con furor en Canadá, Europa e Sudamérica. Na última década conta cunha importante pegada en cidades como Madrid, Zaragoza, Barcelona, Valencia ou Sevilla. Neste tipo de espectáculos nin os espectadores nin os actores saben que ocorrerá en cada función. Escuadra 17 achega tamén este xeito de facer teatro a Redondela con “ImproVisados”, unha viaxe conxunta entre público, actores e personaxes. A función desta noite ademais será “especial” por ser a última desta temporada, e os protagonistas prometen “sorpresas”. Obradoiros de improvisación Zurita e Medal tamén convidan a persoas de todas as idades a participar nos seus obradoiros de improvisación, unhas aulas onde aprender a desenvolver “habilidades de expresión verbal e corporal”, pero sobre todo “divertirse moito”. Os actores, con longa experiencia nesta técnica, explica que nestes obradoiros os alumnos poden “soltarse” e deixar voar a súa imaxinación, deixando saír “ao neno que todos levamos dentro”. Os obradoiros son os mércores de 20.30h a 22.00h na Sala Disco Tasca, na avenida Mendiño, e a primeira clase é gratuíta. Poden confirmar a asistencia no e-mail reservasdiscotasca@gmail.com.  

Almudena Zurita
A actriz andaluza fálanos de ImproVisados.
Paulo Medal
O obradoiro de improvisación está aberto a participantes de todas as idades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará