Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O balonmán redondelán suma e segue

RR_Noticias

O Solla&Cía Chapela impúxose no Rosal ó Mecalia Novás mentres a SAR Plastic Omnium facía o propio na cancha do Granitos. Peor sorte tiveron os equipos locais de fútbol, coa derrota do Choco en Portonovo.

Balonmán Primeira Nacional
Mecalia Novás 25-32 Solla&Cía Chapela
Os de Fran Teixeira gañaron con autoridade na complicada cancha do Rosal. Os de Chapela puxeron fin a unha serie de seis vitorias consecutivas que encadeara o Mecalia Novás para compartir, até esta xornada, o liderado do grupo A de Primeira Nacional Masculina co MMT Seguros Zamora. O cadro zamorano, que precisamente lle arrebatou a primeira posición ao Solla&Cía a semana pasada ao gañar no pavillón de Chapela por 33-39 con notable solvencia, queda como líder en solitario. A un punto queda o Solla, agora segundo.
Balonmán Primeira Autonómica
Granitos 21-30 SAR Plastic Omnium
Os redondeláns son os líderes indiscutibles da categoría logo de sumar outra vitoria a domicilio. Están a demostrar ser o equipo máis sólido do grupo, deixando cada vez a máis distancia ós seus seguidores.
Fútbol Preferente Sur
Portonovo 2-1 Choco
O Portonovo superou ao Choco grazas aos goles de Gándara e de Martín López. O equipo local puido golear, pero a falta de acerto e un tanto de Diego para o cadro de Redondela mantiveron a incerteza até o asubío final. O Portonovo e o Choco mediron forzas nun partido vital para as aspiracións dos dous equipos.
Segunda Autonómica
Chaín 2-1 Chapela
Choco B 2-1 Teis
Soutomaior 0-1 Marín B
Nespereira 1-3 Ribadelouro
Terceira Autonómica
Cesantes 3-1 Atl. Estación
At. Vilar 1-0 Santa Eulalia
Campañó 2-1 Arcade
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará