Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG pedirá explicacións sobre as negociacións do goberno para mellorar a seguridade vial en Cesantes

RR_Noticias

Os nacionalistas critican que logo da morte o pasado martes do condutor dunha furgoneta tras chocar cun camión na parroquia de Cesantes se fagan públicas informacións de que o concello está a negociar co Ministerio de Fomento a construción dunha rotonda e un paso de peóns na parroquia para mellorar a seguridade na zona. A formación vén de solicitar a convocatoria dunha Comisión de Interior para que se dean explicacións.

A agrupación local do Bloque Nacionalista Galego presentou este venres no rexistro do Concello unha solicitude para que se convoque a Comisión de Interior para aclarar se o goberno local está a desenvolver algún tipo de negociación co Ministerio que dirixe Ana Pastor para a instalación na zona de varios pasos de peóns, unha rotonda no acceso á zona urbana e o cambio da regulación dos semáforos. Queren saber cal é o contido desas conversas que mantiveron co executivo central e se hai algunha partida orzamentaria prevista nos próximos presupostos para este fin, porque ao seu entender “sería o único reflexo de que se vai tomar algunha medida na zona”.
Unha comisión na que os nacionalistas tamén lle preguntarán ao goberno local se ten previsto executar algunha medida ante o incremento do tráfico que sufriu o municipio, tanto de vehículos pesado como utilitarios, dende o incremento das peaxes na Autoestrada do Atlántico no mes de setembro o que levou a moitos condutores a escoller a estrada nacional N-550 como alternativa nos seus desprazamentos entre Pontevedra, a Cidade Olívica, o Porriño e a Comarca do Condado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará