Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o Meixón Music

RR_Noticias

Como xa é habitual todos os veráns, os locais Café da Vila, O Escondidiño e A Tenda de Candelaria poñen en marcha no verán o programa do Meixón Music con actividades mu.sicais de balde na praza de Meixón Frío todos os xoves ás 21:00 horas. A primeira das cita será hoxe mesmo coa actuación do grupo “Os Chavellos” que interpretan música tradicional con frautas, zanfoña e voces

As próximas citas serán o xoves 19 de xullo con Amourón e o día 26 actuarán as cantareiras “As lagarteiras”.
Xa no mes de agosto teñen pechadas as actuación da Rondalla de Redondela o día 9, o grupo “folerpas de névoa2 o xoves 23 e pecha o mes unha agrupación xa clásica nesta programación, os redondeláns “Circo de Pulgas”.
Falta por pechar a actuación do xoves 2 de agosto, polo que dende a organización do Meixón Music fan un chamamento a calquera agrupación ou artista que estea interesado en participar a poñerse en contacto con eles en calquera dos locais que participan da inciativa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará