Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os destinos insulares son os máis demandados polos redondeláns

RR_Noticias

En períodos de crise e recortes hai quen non renuncia ao seu tempo de vacacións, aínda que maioritariamente hai que adaptarse ás novas situacións económicas, con orzamentos máis axustados. Unha situación que se nota e moito nas axencias de viaxes que comproba como os clientes se animan menos a viaxar e os que o fan seleccionan máis os seus destinos e recortar os períodos vacacionais.

Unha boa opción para gastar un pouco menos pero non renunciar a saír da casa é elixir as Illas Canarias ou mesmo as Baleares como destino. En Viaxes Airbus apuntan como unha alternativa económica e cómoda, por existiren vos directos dende Vigo e Santiago, optar por unha escapada ás illas. Nos meses de xullo, agosto e setembro, unha parella pode gozar dunha semana en media pensión, con trasládaos en avión incluído, por menos de mil euros. Unha opción da que nos falaba Rafael Meijide responsable desta axencia de viaxes Máis custosas son outras alternativas que teñen experimentado unha caída notable na súa demanda, como son  as viaxes europeas. Neste caso os prezos dispáranse e hai que facer máis números ou ter unha economía máis saneada para afrontar o gasto. Meijide anima aos veciños a se achegar ás axencias para consultar prezos e alternativas, xa que hai todo tipo de ofertas que van dende as excursión dun único días pola xeografía galega, as escapadas de fin de semana pasando por viaxes de duración máis prolongada pero que tamén poden ser económicas. Asegura que nestes tempos o que se busca é sobre todo un período de relax no que afastarnos das preocupacións do día a día  

Rafael Meijide Viaxes Airbus
Unha opción relativamente económica é optar polas Illas
Alternativas europeas
Francia ou Coracia son algúns dos destinos elixidos
Desconectar da realidade
Buscar uns días de relax

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará