Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A investigación reconstrúe o asalto á vivenda do Viso coa axuda do viúvo da vítima

RR_Noticias

Antonio Santos, marido da muller de 72 anos que morreu acoitelada na súa vivenda de a Nogueira no Viso o pasado mércores, regresou onte ao lugar do crime para reconstruír o suceso ante o fiscal de Menores de Pontevedra, Pablo Varela, quen se fixo cargo da investigación logo da detención do suposto autor do asasinato, un veciño de Cesantes de 15 anos.

Eran aproximadamente as cinco da tarde cando o viúvo da vítima chegaba á vivenda unifamiliar de O Viso acompañado por familiares así como por axentes da Policía Nacional e o propio fiscal Pablo Varela, encargado da investigación. Na reconstrucción do acontecido, que rematou ás sete e media da tarde, Antonio Santos tería reiterado a versión inicial sobre a súa chegada á vivenda o pasado 4 de xullo. O home atopou ao agora detido dando patadas ao portón da finca motivo polo que lle chamou a atención. A continuación o mozo teríase abalanzado sobre el, cravándolle unhas tesoiras e causándolle diferentes lesións en cara e abdome. A continuación o home logrou arrancarlle a camiseta e a sudadeira e o mozo fuxiu. Unha vez dentro da vivenda Antonio Santos atopou a súa muller xa falecida na cociña.
Un dos obxectivos da reconstrucción de onte era tentar averiguar como o mozo agora detido puido acceder a vivenda nunha primeira ocasión.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará