Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un ladrón logra escapar dun almacén en Chapela logo de verse acurralado pola policía

RR_Noticias

Tres patrullas da Policía Nacional e dúas das Policía Local tentaron sen éxito atrapar a un ladrón que entrara por unha fiestra nun almacén de froitos secos e snacks na Avenida de Redondela en Chapela. O individuo logrou escapar ao cerco policial, previsiblemente por unha fiestra traseira.

Os feitos producíanse na tarde do pasado sábado e provocaban unha gran expectación na zona -xusto en fronte das instalacións do xornal Faro de Vigo- polo importante despregue policial.
Eran aproximadamente ás 17:30 horas cando un veciño alertaba á policía de que un individuo acababa de instroducirse por unha fiestra no interior dunha nave situada na Avenida de Redondela dedicada ao almacenaxe e reparto de froitos secos e snacks. O presunto ladrón lograba entrar no inmoble logo de romper os vidros da fiestra cunha pedra e trepar ata ela axudándose dun camión que se atopaba aparcado diante do almacén.
Ata o lugar desprazáronse varias patrullas tanto da Policía Nacional de Vigo como da Policía Local de Redondela, cuxos axentes rodearon o almacén sen lograr atrapar o ladrón quen, previsiblemente, tería logrado fuxir por un ventanuco da parte posterior da nave.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará