Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un cento de persoas achéganse á iniciativa política Novo Proxecto Común

RR_Noticias

A presentación oficial da formación política tivo lugar na Casa da Cultura, un espazo que quedou pequeno para acoller aos veciños que se achegaron a esta asemblea presentación na que se deron a coñecer as bases ideolóxicas das que parte o Novo Proxecto Común que se está a constituír en diferentes concellos de toda Galicia, entre eles en Redondela.

A nova formación defínese de esquerdas, nacionalista, de principios republicanos e reivindican o asemblearismo e a participación horizontal como modelo de funcionamento. Dende o colectivo fan un chamamento a todos os que queiran achegarse a participar activamente nun proxecto que quere “facer política dende outra perspectiva, dende abaixo cara arriba”. Reivindican a política como mecanismo lexítimo para mudar a sociedade e lembran a necesidade de traballar de xeito participativo e horizontal así como a necesidade de artellar tamén este proxecto en Redondela como resposta a situación actual na política local que cualificaron de “devastadora” logo de anos onde os partidos “se negaron a escoitar ao movemento asociativo e apostaron maioritariamente polas actuacións de escaparate”. Desta primeira asemblea saíu unha coordinadora que se encargará das xestións de cara a convocar unha vindeira reunión na que se abordarán puntos concretos e na que se tentará aglutinar a un número maior de simpatizantes. Así, ao longo do debate se insistía en que o Novo Proxecto Común “é un proxecto absolutamente integrador” no que teñen cabida todos os que desexen achegase.  

Movemento a nivel local e galego
Así presentaba Xósé Covelo esta iniciativa política
Situación política local
Critican o comportamento dos partidos que impiden a participación cidadá
Proxecto integrador
Os promotores do proxeccto animan aos veciños a participar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará