Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detención en Alfonso XII

RR_Noticias

Axentes da policía local detiveron na tarde de onte a un veciño de Redondela, S.C.A. de 56 anos de idade logo de ser sorprendido ao volante dun Citroën Xsara malia ter o permiso de conducir retirado ata o ano 2014.

Os feitos producíronse ás 18:30 horas cando unha patrulla da policía local recoñeceu ao condutor dun vehículo que circulaba pola céntrica rúa Alfonso XII. Logo de decatarse de que se trataba dun veciño de Redondela a quen lle fora retirado o carné de conducir, os axentes comprobaron este dato confirmándoselles dende a Dirección de tráfico que a suspensión estaba en vigor ata o ano 2014. O home, de 56 anos de idade perdera a totalidade dos seus puntos, motivo polo que se procedeu a súa detención e posta a disposición xudicial.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará