Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello corta as árbores do aparcamento do campo da feira

RR_Noticias

Unha medida anunciada meses atrás para evitar os danos que no firme está a causar as raíces dos plataneiros así como polas enfermidades alérxicas que segundo explican dende a Concellería de Medio Ambiente estas árbores provocan nos veciños. Malia as críticas da oposición os operarios municipais procederon hoxe a retirar estar árbores que deixaron este espazo de aparcamento completamente baleiro.

Operarios municipais procederon na mañá de hoxe a cortar e retirar do campo da feira os plataneiros que ata o de agora adornaban o lugar. Unha medida que o goberno local anunciara meses atrás e que hoxe levou á practica. O obxectivo da tala, segundo explica o concelleiro de medio Ambiente, Miguel Angel Álvarez Ballesteros responde a motivos de diversa índole. O principal sería o feito de que as raíces destas árbores, de rápido crecemento, estaban a provocar o levantamento do firme no aparcamento. A esto habería que engadir os problemas de alerxia que provocan na poboación, en especial asma e conxuntivite. O edil de Medio Ambiente insiste en que, pese as críticas que no seu día recibiu este anuncio, a retirada dos plataneiros facilitará o estacionamento de vehículos e mellorará a circulación no lugar. Adianta ademais que dende o seu departamento xa asinaron un convenio coa Xunta para proceder á plantación de árbores autóctonas “en lugares máis axeitados como o trazado polo que transcorre o Camiño de Santiago e en zonas afectadas polo AVE e outras infraestruturas”.  

MIguel Angel Alvarez edil de Medio Ambiente
O concelleiro explica os motivos polos que se procedeu á corta dos plataneiros
Facilitar o aparcamento
Decidiuse que a zona se axeitase para parking de vehículos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará