Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Créase a plataforma de afectados polas preferentes na comarca de Redondela

RR_Noticias

Un grupo de afectados pola venda por parte das entidades financeiras das coñecidas como participacións preferentes convocan esta tarde unha xuntanza na Casa da Cultura co obxecto de constituirse en plataforma que aglutine a todas as persoas prexudicadas polo xeito de proceder de bancos e caixas en Redondela, Soutomaior, Fornelos e Pazos.

Esta reunión, que terá lugar ás 20:15 horas de hoxe venres, será o primeiro achegamento para reconstituir e elaborar un calendarios tanto de contacto con outras plataformas que están xa en funcionamento como un calendario de posibles accións de cara a demandar a actuación das administracións e das propias entidades bancarias que lles permitan aos afectados recuperar os cartos investidos nun productos que adquiriron sen que lles advertiran do seu carácter de perpetuidade. Descoñécese o número de afectados na nosa localidade, aínda que en toda Galicia as estimacións falan de máis de 100.000 aforradores, en moitos casos pensionistas, e no caso concreto da nosa comarca clientes maioritariamente de Caixanova e Caixa Galicia, que se están atopar coa imposibilidade de recuperar os cartos que no seu día investiron nun producto que esconde moita letra pequena.  

Carlos Igrexas afectado
O obxectivo é crear unha plataforma comarcal que serva aos afectados para reclamar os seus dereitos
Recuperar os cartos investidos
Demandan actuacións contundentes a nivel bancario e político

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará