Hoxe é Venres 20 de Novembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de Empresas abre a selección de 100 mulleres para un programa de formación e inserción laboral

empresas obradoiro

O colectivo empresarial abre o proceso de selección de alumnado para un novo Programa de emprego para favorecer a inserción laboral feminina. Ao longo de doce meses, as participantes poderán acceder a itinerarios personalizados de inserción, máis de 300 horas de formación especializada, prácticas profesionais en empresas, accións de mentoring e asesoramento para o emprendemento. O programa conta xa co compromiso de colaboración de 49 empresas e aposta por conectar o talento das mulleres coas necesidades reais do mercado laboral, abrindo novas oportunidades de emprego e desenvolvemento profesional na comarca.

O programa Integrado de Emprego 2026-2027 desenvolverá actuacións de orientación laboral individualizada, formación especializada, prácticas profesionais non laborais, intermediación con empresas, mentoring e acompañamento ata a inserción laboral. Ademais, incorpora medidas innovadoras en competencias dixitais, intelixencia artificial aplicada á procura de emprego, emprendemento e conciliación da vida persoal e laboral.

A convocatoria está dirixida exclusivamente a mulleres desempregadas e responde a unha realidade que continúa marcando o mercado laboral local. En Redondela, as mulleres representan máis do 61 % das persoas desempregadas, unha cifra que evidencia a persistencia dunha importante brecha de xénero no acceso ao emprego.

Neste contexto, a AER consolida este Programa Integrado de Emprego que en anos anteriores acadaron taxas de inserción laboral do 52 %, 67 % e 45 %, situándose moi por riba dos mínimos exixidos polas convocatorias públicas. O obxecitvo é que “cada muller dispoña dun itinerario personalizado que lle permita mellorar as súas oportunidades e acceder a un emprego de calidade”.

A formación estará orientada aos sectores con maiores perspectivas de contratación na comarca, incluíndo comercio, loxística industrial, turismo e hostalaría, competencias dixitais e TIC, así como sectores ligados á automoción e á industria auxiliar. O programa prevé máis de 300 horas de formación e, cando menos, 31 prácticas profesionais en empresas colaboradoras.

Un dos principais valores engadidos desta nova edición é a estreita colaboración co tecido produtivo local. AER conta cunha rede de preto de 300 empresas asociadas e xa dispón de 49 compromisos formais de colaboración empresarial para facilitar prácticas, procesos de selección, accións de mentoring e oportunidades reais de contratación.

O programa reservará tamén un espazo destacado para o apoio ao emprendemento feminino como alternativa de acceso ao mercado laboral. As participantes con interese en desenvolver unha idea de negocio ou iniciar unha actividade por conta propia poderán acceder a itinerarios específicos de asesoramento, mentoring e acompañamento individualizado para analizar a viabilidade dos seus proxectos, elaborar plans de negocio, identificar fontes de financiamento e coñecer os recursos de apoio existentes. Ademais, o programa facilitará o contacto directo con empresarias e profesionais do territorio, promovendo redes de colaboración e favorecendo que novas iniciativas empresariais poidan transformarse en oportunidades reais de desenvolvemento económico e xeración de emprego

A área de actuación do programa abrangue non só o municipio de Redondela, senón tamén outros 16 concellos da área metropolitana e da contorna, permitindo que mulleres desempregadas de toda a comarca poidan beneficiarse desta iniciativa.

As mulleres interesadas en participar poden solicitar información e iniciar o proceso de incorporación a través do portal de da emprego da Asociación de Empresas de Redondela ou na web www.empresasredondela.gal, onde se publicarán os detalles das sesións informativas e dos procesos de selección ou directamente nas oficinas sitas na R/ 8 de Marzo, nº 6-Local 1-Redondela ou chamando ou enviando unha mensaxe ao 986404012.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará