Hoxe é Sábado 14 de Novembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Miguel Rey demostra o seu potencial entre os mellores nadadores absolutos do país

IMG-20261113-WA0041

O nadador do Club Natación Redondela, Miguel Rey, rematou no posto 37 da clasificación xeral dos 200 metros braza no Campionato de España Absoluto, que se celebra do 12 ao 15 de novembro en Madrid. Foi segundo na súa serie dos 200 metros braza e acadou o posto 37 na clasificación xeral, entre os 55 participantes. Nas probas de natación, os deportistas distribúense en diferentes series ou quendas, polo que quedar segundo na súa supón ser un dos máis rápidos do seu grupo. Un resultado especialmente destacado tendo en conta que Miguel era o nadador máis novo da competición, na que se medía a deportistas absolutos e júniors de segundo ano.

A súa adestradora, Nuria Otero, amósase moi satisfeita co resultado e destaca o seu bo rendemento: “Fíxoo xenial. Nos 200 braza só participaron dous nadadores do ano 2011 e Miguel quedou de 37, mentres que o outro foi penúltimo. A maioría eran nadadores absolutos ou júniors de segundo ano”.

Otero salienta tamén que o deportista está moi contento, en boa forma física e cunha ampla marxe de mellora. “Había moitísimo nivel, pero estamos moi contentos co desenvolvemento da proba”, sinala.

Miguel Rey afronta así con boas sensacións o seu primeiro gran reto na categoría júnior, despois dunha etapa infantil na que se proclamou campión de España nos 50 metros braza e bronce nos 100 metros braza.

Nuria Otero e Miguel.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará