Hoxe é Venres 13 de Novembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Magosto, música e humor para celebrar o San Martiño en Vilar de Infesta

david amor

A programación polo San Martiño en Vilar de Infesta vivirá este sábado 14 de novembro unha xornada intensa que arrancará ás 18.00 horas cunha proposta de humor a cargo do cómico David Amor, que presentará o seu espectáculo de monólogos Saca a lingua a pasear.

A música tomará o relevo a partir das 19.15 horas coas actuacións dos grupos Follas Verdes e Aluarado, ademais do grupo de baile Falcatruada.

Tampouco faltará o tradicional magosto. Desde as 19.30 horas haberá castañas e viño de balde para os asistentes, así como choripán a prezos populares. A noite pecharase coa actuación do Trío 3.com, prevista para as 22.30 horas, que poñerá o broche musical á xornada festiva.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará